CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Tarde de teatro nas Festas de Vilamartín

A agrupación Xaime Prada puxo en escena a obra “A idade do pavosaurio”

Vilamartín de Valdeorras está en festas. As patronais, na honra a San Jorge, que se están celebrando dende o 21 de abril e que non rematarán ata mañá, domingo día 24.

E entre orquestras, coros e cultos relixiosos, un ano máis colouse o grupo de teatro Xaime Prada da Asociación de Veciños de Vilamartin, que na tarde do 23 abril, día grande das festas, poñía a nota de humor. E facíao coa posta en escena con “A idade do pavosaurio” obra de José Cedena dirixida por Mª Jesús Vega, “unha comedia de enredo co único propósito de facer rir e pasar un bo rato”, din dende a agrupación. E de seguro que o lograron, polos menos as expectativas eran grandes e o Centro Cultural Santa Lucía, local que acollía a representación, estaba a rebentar de público.

Sobre o escenario, Julita, Tino, Mª Jesús, Cristian, Dely, Roi, Ana e Pili, daban vida a cada un dos personaxes desta obra que adicaron a Marina, unha veciña do pobo, amante do teatro, recentemente falecida.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button