CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Tarde de xogos e inchables no pavillón de Calabagueiros

Os cativos disfrutaron da festa organizada pola excursión de 6º do CEIP Condesa de Fenosa do Barco

Co obxectivo de reacadar cartos para a excursión de 6º de Primaria, o CEIP Condesa de Fenosa organizaba, en colaboración co Concello do Barco e Valdeocio, unha orixinal e exitosa festa de inchables no pavillón de Calabagueiros.

Por 4 euros da entrada, na tarde do 23 de decembro (véspera de Noiteboa), 0s cativos maiores de 3 anos podían correr, brincar e xogar nos diferentes inchables (ata oito modelos diferentes) repartidos por todo o parqué, vixilados por monitores e coa visita de Papá Noel que foi repartindo caramelos.

Á entrada do pavillón tamén había un posto con auga e café.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button