CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Tarde de xogos e risas á beira do río con Fredi Muíño, no Barco

O artista presentou o espectáculo "Circanelo" no marco do programa Cultura no Camiño

A fin de semana de “prefesta” á beira do río no Barco de Valdeorras, está a piques de rematar. Pero antes, acollía unha tarde de domingo especialmente pensada para o público familiar. Ademais de seguir aberto o Salón de Produtos Tradicionais, os máis pequenos xogaban e brincaban no inchable instalado na praia fluvial, mentres os máis maiorciños acompañados polos seus pais, avós e/ou tíos achegábanse a outro punto do paseo para desfrutar dun divertido espectáculo de rúa.

O encargado era Fredi Muíño (Cía. N+1) cargado cun par de maletas das que ía sacando un sinfín de artigos co único obxectivo de face rir ao público. E vaia se o conseguía. Con xestos, danza e acrobacias, con espontaneidade e ás veces incluso tenrura, este clown de múltiples recursos e un mundo de emocións conquistou a nenos e maiores, contando ademais coa colaboración do público.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button