Galerías de fotosSociedadeÚltima hora

Tardes de outono no Robledo e O Porto (Rubiá)

 

Os bares sociais de O Porto e Robledo serven a diario, de punto de encontro para os veciños destas dúas aldeas do municipio de Rubiá. Tomando unha cervexa ou un refresco, xogando ás cartas ou simplemente conversando, pasan a tarde, aproveitando o bo tempo e as altas temperaturas que nos está deixando este mes de outubro, que lles permite desfrutar da terraza mentres esperan a inminente chegada do castañal.

Este tipo de locais son importantes puntos de encontro para a veciñanza e significa que estas aldeas están vivas. Por desgraza moitos pobos da Galicia interior xa non contan con xente para poder mantelos abertos.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button