CulturaCulturaÚltima hora

Tardes de teatro en San Clodio

Sete funcións no programa organizado polo Concello de Ribas de Sil e o grupo de teatro Augas do Sil
O grupo de teatro Augas do Sil de Ribas de Sil. /Foto: Mónica G. Bellver
O grupo de teatro Augas do Sil de Ribas de Sil. /Foto: Mónica G. Bellver

Do 31 de outubro ao 14 de febreiro. O grupo de teatro Augas do Sil vén de encetar o programa “Tardes de Teatro no Inverno” que contará con sete sesións no Salón de Actos.

Tralas representacións a finais de outubro de Augas do Sil de San Clodio (“Diñeiro bo compañeiro” e Vaia servizo!!), a seguinte cita co teatro será o sábado 7 de novembro ás 19h. a cargo do grupo de teatro da asociación Pico de Castro, de Foz que porá en escena a obra “De vello gaiteiro”. Tamén en novembro, o día 21 ás 19h. actuará o grupo Falcatrueiros de Monterroso coa obra “Clownvento”.

O grupo de teatro A Ruada actuará o 31 de xaneiro. /Foto: Mónica G. Bellver.
O grupo de teatro A Ruada actuará o 31 de xaneiro. /Foto: Mónica G. Bellver.

O 13 de decembro ás 17h. tocaralle o turno ao grupo de Salcedo da Pobra de Brollón que interpretará a comedia “As paspallás”, e xa no me de xaneiro haberá outras dúas sesións: O Grupo de Teatro de Vilamartín de Valdeorras, o día 17 ás 17h. e A Ruada da Rúa coa obra “A taberna sen dono” o día 31 tamén as cinco da tarde.

A última sesión do programa será o 14 de febreiro coa posta en escena da obra “Os caciques” a cargo do grupo de teatro Teatreir@s.

O ciclo está organizado polo Concello de Ribas de Sil e o grupo de teatro Augas do Sil e está incluído no Programa Buxiganga Afeccionado 2015 da Deputación de Lugo.

Artigos relacionados

Back to top button