OurenseÚltima hora

Teatro a favor da Fundación Meniños, en Ourense

A obra “Gorentosadas” estrearase o 27 de febreiro no Teatro Principal
Asistentes á presentación de "Gorentosadas".
Asistentes á presentación de “Gorentosadas”.

O vindeiro venres 27 de febreiro estrearase, no Teatro Principal de Ourense, a obra “Gorentosadas” interpretada por membros de catro agrupacións teatrais: “Aveliñas Teatro”, formada por rapaces e rapazas do IES Antón Losada Diéguez; o Obradoiro Municipal de Teatro de Palas de Rei; a Aula de Teatro do C.I.P de Touro e “Teiroa Teatro”, a Aula de Teatro do IES de Melide. Os actores estarán dirixidos por “Metátese Teatro” e contarán coa colaboración do Teatro Principal e a Fundación CEO.

Un momento da presentación.
Un momento da presentación.

A presentación do acto tiña lugar na mañá do 19 de febreiro, onde se informou do carácter solidario da cita, xa que coma todos os anos, a recadación irá destinada aos programas de protección da infancia que desenvolve a Fundación Meniños.

“Gorentosadas” convida ao espectador a entrar no mundo da creatividade, do xogo, da cor e do sorriso, elementos sobre os que se estrutura a aprendizaxe dos personaxes que transitan polas diversas historias que narra. Haberá unha función escolar ás 12:30h. para os centros educativos; e outra ás 20:30h. da tarde para o público xeral. O prezo da entrada será de 2 euros.

Artigos relacionados

Back to top button