CulturaEducaciónÚltima hora

Teatro do oprimido no IES Carlos Casares de Viana

O obradoiro está enmarcado dentro do programa “O mundo que queremos”
Un momento do obradoiro de teatro no IES Carlos Casares de Viana.
Un momento do obradoiro de teatro no IES Carlos Casares de Viana.

Na mañá do 6 de marzo, o IES Carlos Casares de Viana do Bolo, acollía unha nova actividade encadrada dentro de “O mundo que queremos”, un proxecto de educación para o desenvolvemento que forma parte da plataforma de innovación educativa Plan Proxecta. Trátase dunha iniciativa que pretende promover a reflexión do alumnado sobre a conexión existente entre as dinámicas locais e as desigualdades globais, neste caso a través da comunicación (podcast, imaxes e teatro) como medio para sensibilizar e transformar.

Nesta ocasión sería a través dun obradoiro de teatro do oprimido/a, unha metodoloxía e unha práctica teatral que pretende transformar as realidades opresivas a través de medios estéticos e o diálogo entre os e as oprimidas, intentando espertar conciencias ás inxustizas para denuncialas e loitar contra elas.

Alumnos do Instituto participantes no programa educativo.
Alumnos do Instituto participantes no programa educativo.

O obradoiro foi impartido polo grupo de Teatro dxs oprimidxs “100tolas”. e ao igual que nos anteriores que formaron parte do programa, o obxectivo foi favorecer a participación e protagonismo do alumnado na peza teatral como parte esencial da aposta metodolóxica desta iniciativa.

Artigos relacionados

Back to top button