CulturaCulturaÚltima hora

Teatro e bica no II Sendeiro Nocturno deste verán na Pobra de Trives

A Ruta das Tradicións nos Sequeiros sairá ás 21h. deste mércores 7 de agosto, dende a igrexa da Pena Folenche
Cartel da actividade.

Continúan as actividades do programa de verán na Pobra de Trives e mañá, 7 de agosto, Os Sequeiros serán o escenario do segundo dos Sendeiros Nocturnos. En torno ás 21h. comezará a andaina desde A Pena Folenche rumbo aos Sequeiros nunha ruta circular de aproximadamente 3 quilómetros.

Tal como informan dende o Concello, o grupo irá en todo momento acompañado por un guía e o operativo de Protección Civil e ao longo da ruta irán aparecendo distintos personaxes ata chegar aos Sequeiros onde a gran protagonista será a Bica. A viaxe continuará coa aparición de máis personaxes e sorpresas nas paraxes do Val de Navea, camiñando cara o remate da ruta.

Desde a organización recomendan levar roupa e calzado cómodo e por suposto que cada participante leve lanterna ou frontal. O prezo da actividade son 3€. Para máis información e inscrición (prazas limitadas – máximo 100 persoas) deben dirixirse á Oficina de Turismo (988 33 09 67).

Artigos relacionados

Back to top button