ConcellosÚltima hora

Teatro e maxia para despedir o ano no Barco

O escenario do Teatro Lauro Olmo acollerá nos vindeiros días os espectáculos “Patapatúm”, “Le Cirque” e “O Apalpador conta con nós”
Escena do espectáculo “Patapatúm” de Elefante Elegante./ Imaxe: Elefante Elegante.

Un dos ingredientes da programación de Nadal no Barco será o teatro. Tras a peza de teatro-circo “Gigante”, que podía verse o pasado 21 de decembro, agora chegan novas propostas como “Patapatúm” de Elefante Elegante, que se porá en escena o 28 de decembro ás 19h. no Teatro Lauro Olmo.

Trátase dun espectáculo de teatro visual, de máscaras e en clave de humor para público infantil e familiar a partir de 3 anos cunha banda sonora inspirada na música dixieland. Ademais “Patapatúm” plantexa unha reflexión “sobre o tempo, a crianza e como enchemos os baleiros das nosas ausencias”, segundo a compañía.

Sobre ese mesmo escenario o 29 de decembro Cayetano Lledó despregará a súa montaxe de maxia “Le Cirque” ás 19h. Con este ilusionista o espectador adéntrase no fabuloso mundo do circo a través dun enfoque fresco e renovado da maxia.

Finalmente, xa o 30 de xaneiro ás 19h. tamén no Teatro Lauro Olmo recibirase a visita do Apalpador, un personaxe mítico da tradición galega que estivo a piques de desaparecer. No espectáculo “O Apalpador conta con nós” de A Trastenda dos contos, duns 70 minutos, esta figura do Nadal explica quen é, cal é a súa orixe, a que se dedica no seu día a día…e os consellos a seguir para na súa visita agasalle cunha presada de castañas e algún dos regalos que el mesmo constrúe.

Artigos relacionados

Back to top button