CulturaCulturaÚltima hora

Teatro e maxia para rematar o ano no Barco

Escena de “Lázaro de Tormes”./ Imaxe: Culturactiva.

 

As artes escénicas e ilusionismo para rematar o ano 2021 no Teatro Lauro Olmo do Barco. Dentro do programa de Nadal preparado pola Concellería de Cultura barquense figura neste 28 decembro ás 17 horas i espectáculo do mago José Rivera “O Nadal máis máxico”.

Para o 29 decembro ás 19 horas está progrado “Só”, espectáculo teatral de Xampatito Pato. E o 30 decembro ás 18:30 horas está prevista a visita do Apalpador, “o mítico carboiro chegado das montañas do Courel saudará a nenos e nenas na entrada do Teatro Lauro Olmo”.

Tamén o 30 de decembro ás 19 horas porase en escena “Lázaro de Tormes”, un espectáculo teatral de Pedras de Cartón.

Artigos relacionados

Back to top button