OurenseÚltima hora

Teatro e música nesta fin de semana do Verán Cultural de Ourense

As actuacións terán lugar xoves e venres na Terraza do Auditorio

O Verán Cultural de Ourense prosegue coas súas actividades esta fin de semana. Así teatro e música daranse cita na Terraza do Auditorio xoves e venres.

O xoves, 13 de agosto, ás 20:30 horas, terá lugar “Teatro Crusoe” de Markeliñe. “Markeliñe gosta dos textos clásicos e coñecidos para poñelos en escena. Xogarán cun náufrago solitario na súa illa para facer unha metáfora da vida. Crusoe aprenderá a comer polos seus propios medios e a relacionarse nun contorno diferente. Nunha illa solitaria verá como pasa o tempo e os barcos sen que ningún se deteña a recollelo”, explican dende a organización.

 

Durante unha das pasadas actuacións. Foto: Carlos G. Hervella.

 

Así, o venres 14 á mesma hora será o turno para “Zarzuela Marina”, de Camerata Lírica. É unha adaptación escenificada de Emilio Arrieta. “Unha lección de bel canto nesta obra puntal da lírica española”, afirman.

Artigos relacionados

Back to top button
Close