CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Teatro e Reis no Nadal do CEIP Xosé Manuel Folla Respino, en Vilamartín de Valdeorras

As Súas Maxestades entregaron agasallos aos cativos na mañá do 21 de decembro

Cos días grandes do Nadal á volta da esquina, os centros escolares collían hoxe, venres 21 de decembro, as vacacións. Pero antes, un a un, os colexios ían tendo os seus particulares festivais nos que non faltaron nin a música, nin o teatro nin tampouco os agasallos.

Tal era o caso do CEIP Xosé Manuel Folla Respino de Vilamartín de Valdeorras que nesta mañá festexaban o Nadal por todo o alto. Entre as actividades programadas estaba unha obra de teatro interpretada por alumnos de 5º e 6º. Mentres se preparaban para facer os deberes, sete estudantes expoñían súa propia visión do Nadal, explicando porque “lles gustaba” ou porque “a odiaban”. E entre medias, tamén houbo espazo para a música, interpretando en directo temas como What a wonderful world diante dun entregado público.

E despois das representacións, subíanse aso escenario os Reis Magos para entregar agasallos a todos os cativos, por xentileza da ANPA.

A Asociación de Nais e Pais é tamén a encargada de organizar un Belén Vivinte na praza de Vilamartín, no marco da feira que se celebrará o luns 24 de decembro pola mañá.

Fotos: Carlos G. Hervella, excepto as catro últimas da galería que son cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button