En portadaÚltima hora

Teatro e unha exposición no 60º aniversario da caída da Ponte de San Fernando, no Barco

Restos da antiga ponte de San Fernando en Viloira (O Barco), hoxe reconvertidos nun miradoiro, xunto á ponte nova que se construíu ao seu carón./ Foto: A.R.

 

Para moitos barquenses a data do 27 de decembro de 1959 é inesquecible. Aquela tarde o Sil rebosaba e a Ponte de San Fernando, que unía O Barco con Viloira, cedeu á súa riada e acabou por derrubarse, deixando unha vítima mortal e a ambas beiras incomunicadas durante bastante tempo.

Neste mes de decembro cúmprense 60 anos daquel feito que marcou a historia recente da vila e para conmemoralo o Concello do Barco abrirá o 28 de decembro ás 20h. unha exposición titulada “Lembranza da ponte vella de San Fernando no 60 aniversario da súa caída”. Ademais terá lugar unha representación teatral do grupo Gargallada Teatro.

Este actos inclúense na programación de Nadal do Concello do Barco.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close