CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Teatro infantil na Biblioteca de Verín

Vén de representárse a obra “Aquí todos cabemos”, da man dos seus voluntarios e de persoal desta instalación cultural

Os voluntarios da Biblioteca de Verín e o seu persoal estreábanse como actores na tarde do 15 de decembro. Ás seis da tarde nunha das salas desta infraestrutura cultural poñían en escena a obra “Aquí todos cabemos”, escrita por Clara Pérez.

Era unha función moi especial na que tiñan como público a medio cento de nenos (de entre 3 e 9 anos), todos socios da biblioteca, que desfrutaban coa representación. Rematada a peza, e tras os aplausos, asistentes e actores compartían un delicioso chocolate.

Fotos: Biblioteca Municipal de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button