ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Teatro mexicano para honrar a Florencio Delgado Gurriarán en Córgomo

O grupo Jalil Gibrán de Puebla actuaba na localidade natal deste poeta na noite do 9 de agosto

Na noite do 9 de agosto o teatro voltaba á localidade vilamartinesa de Córgomo da man do grupo Jalil Gibrán de Puebla, México. O encargado de darlles a benvida e presentar o espectáculo era o creador corgomés Anxo Baranga, quen agradecía ao grupo teatral e aos Encontros Internacionais de Teatro Paco González (nos que se enmarcaba a actuación), que trouxesen un espectáculo orixinal e único a Córgomo, un espectáculo no que se honraba á figura do poeta Florencio Delgado Gurriarán.

Ao peche o grupo recibiu dos veciños de Córgomo unha Antoloxía do poeta e o agradecemento dos veciños e veciñas que se achegaron a velos. Na noite do 10 de agosto seguirá o teatro cunha nova representación incluída nos Encontros na José Luís Núñez de Vilamartin. Virá novamente da man do grupo Jalil Gibrán que porá en escena ás 23h. “Este es el juego”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button