EconomíaEconomíaÚltima hora

Teatro nos escaparates do Barco

O CCA barquense pon en marcha en maio unha innovadora campaña nos establecementos comerciais da vila
Acto de presentación da nova campaña do CCA.
Acto de presentación da nova campaña do CCA.

Un total de 16 comercios da vila participarán en maio na nova campaña do Barco CCA Teatro nos Escaparates. A través dela os seus escaparates das tendas da vila valdeorresa acollerán pezas breves da man de Gargallada Teatro.

Así, está proxectado que o mércores 14 de maio haxa actuacións no Ganu (18:30h.), en Comercial Vedo (19h.), en Can-Can (19:30h.) e en Miranda M (20h.). Ao día seguinte, o teatro chegará a Boutique Hogar Marina (18:30h.), Laurarte (19h.), Prenda Outlet (19:30h.) e Ana de la Puente Perfumería e Estética (20h.). Na derradeira xornada da campaña, a do 16 de maio, as interpretacións poderán verse nos escaparates de Super Onda (18:30h.), Ana Óptica (19h.), Boutique Suá (19:30h.) e Librería Murciego (20h.).

Outro dos apartados da campaña será o sorteo de vales de compra de 30 euros entre os asistentes ás actuacións co fin de incentivar aos clientes do comercio barquense.

Foto: Carlos G. Hervella
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button