OurenseÚltima hora

O Teatro Principal remata o ano cunha carteleira de excepción

Lola Herrera, Juanjo Artero, Cristina Pato, Luis Merlo, Caramuxo Teatro ou A Cuarta Parede pisarán as táboas deste espazo entre setembro e decembro
Luz Fernández, Rosendo Fernández, Olga Mojón e Jacobo Sutil. // Foto: Carlos Asensio.

O Teatro Principal de Ourense presenta unha ambiciosa programación para os próximos catro meses. Esta lista de espectáculos inclúe, ata finais de decembro, as representacións de cinco espectáculos galegos como parte do programa da Rede Galega de Teatros e Auditorios. Así o adiantaron hoxe, 5 de setembro, na presentación desta programación no propio escenario do Teatro Principal.

A directora deste espazo cultural, Olga Mojón, presentou esta oferta cultural que inclúe títulos como “El Sermón del Buffon”, de Albert Boadella (21 de setembro); “Áureo”, da Compañía de danza Dantzaz Elkartea (27 de setembro) ou “Zenit”, de Els Joglars (21 de outubro). Todo isto complétase con “La velocidad del otoño”, con Lola Herrera e Juanjo Artero (28 de setembro); “Idiota”, con Gonzalo de Castro e Elisabet Gelabert (30 de setembro); “El Test”, con Luís Merlo, Antonio Molero, Maru Valdivielso e Itziar Atienza (4 de novembro), “Nada que perder”, de Cuarta Parede (2 de decembro) ou A Pavana con “Iván e os cans” (16 de decembro).

Entre os espectáculos “made in Galicia” destacan “A cabeza do dragón”, de Producións Teatrais Excéntricas (29 de outubro); “A Canción do Elefante”, de Redrum (25 de novembro); “Manawee”, de Matrioshka Teatro (28 de decembro).

Pero tamén se presenta unha proposta para bebés: “Redondo”, de Caramuxo Teatro (27 de decembro) e mais a infantil “O aloumiño dunha estrela”, de Avoa Youja (29 de decembro). Entre outros moitos espectáculos.

“A velocidade do outono”, con Lola Herrera e Juanjo Artero (28 de setembro); “Idiota”, con Gonzalo de Castro e Elisabet Gelabert (30 de setembro); O Test, con Luís Merlo, Antonio Molero, Maru Valdivielso e Itziar Atienza (4 de novembro), “Nada que perder”, de Cuarta Parede (2 de decembro) ou A Pavana con “Iván e os cans” (16 de decembro).

Ademais, a directora do Teatro Principal, Olga Mojón, sinalou que “está pendente de concluír o cartel do festival de cinema Ouff, a Mostra de Teatro Infantil e do Festival Internacional de Teatro de Ourense (MOTI)”.

A todo isto hai que engadrille a música de Voces Femeninas, Xornadas Líricas, TP Blues ou Enclave de Cámara, dentro do que Cristina Pato ofrecerá un concerto ao piano xunto con Nicholas Cord á viola o 14 de decembro, ademais do recital que terá como protagonista ao violinista Ara Malikian o 17 de outubro.

Pola súa banda, o director da Axencia Galega de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, cualificou esta carteleira do Principal como “un reflexo dunha intensa actividade, con producións de elevado nivel artístico e montaxe moi variadas”. Na presentación tamén estivo presente o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández e a delegada territorial de Cultura, Luz Fernández.

Texto: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button