ConcellosÚltima hora

Teatro trivés en Laza da man do grupo da A.C. A Caniceira

Representará esta tarde de domingo a obra "Mortos da risa"

Actores do grupo de teatro da Asociación Cultural A Caniceira de Trives, tras a primeira representación de “Mortos da risa”./ Foto: A Caniceira.

 

Despois dunha exitosa acollida na súa vila, Trives, o grupo de teatro da Asociación Cultural A Caniceira leva a súa obra “Mortos da risa. Traxicomedia en 7 actos” a outros puntos da provincia. Así a partires das sete da tarde subiranse ao escenario en Laza.

Esta representación, que conta cuns 17 actores, poderá verse no Baixo do Concello e a súa entrada terá un custe de 2 euros.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button