ConcellosÚltima hora

“Tecendo rúas… Tecendo soños” da man das mulleres, na Veiga

Este programa, que se inauguraba no mediodía do 11 de agosto coa presenza da secretaria xeral da Igualdade, consiste na reciclaxe de plástico e conta coa participación do Centro de Animación Rural de Mulleres deste municipio

 

 

Crear un espazo de interacción e sociabilidade entre as persoas da Veiga que redunde no fomento do asociacionismo e a participación das mulleres. Este é o obxectivo do proxecto “Tecendo rúas… Tecendo soños”, ideado polos Servizos Sociais comunitarios deste municipio e en cuxa organización participa o Centro de Animación Rural de Mulleres da Veiga.

As mulleres de diferentes núcleos do concello teceron durante tardes enteiras, facéndose compañía, e dando pé á elaboración de obxectos e pezas que integran a exposición que se inauguraba no mediodía do 11 de agosto coa presenza da secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, do alcalde da Veiga, Juan Anta, e da presidenta da Asociación de Mulleres Rurais da Veiga, Julita Rodríguez Barrio. O acto contou coa actuación das cantareiras da Banda Real da Deputación de Ourense e coa entrega de medallas ás mulleres que colaboraron na recuperación das cantigas tradicionais.

 

Durante a inauguración López Abella destacaba a importancia deste proxecto, no que a Secretaría Xeral de Igualdade colaborou economicamente, e animaba aos seus impulsores a seguir nesa liña, promovendo iniciativas que sexan útiles ás mulleres da Veiga.

Artigos relacionados

Back to top button