ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Tecido de contos galegos e zamoranos no Barco con Celso Sanmartín e José Luis Gutiérrez

Esta actuación de narración oral formaba parte do programa “De Perto_Espazos de Cultura no Barco

Á beira do Sil, no Malecón do Barco, abrollaban as historias na noite do 14 de xullo. Todas elas reais, contadas de xeito entrelazado e cun acertado e medido humor mentres se relataban sucesos non exentos dun certo toque de dramatismo. Man a man, o contador galego Celso F. Sanmartín e o sanabrés José Luis Gutiérrez “Guti” ían conectando, de xeito ameno, unha serie de relatos galegos e zamoranos que atrapaban ás numerosas persoas asistentes. Eran historias recollidas en Lalín ou, máis preto de Valdeorras, en Froxán (Lugo) de persoas como Evaristo O Vello. E, no caso de Guti, en pobos da comarca de Sanabria como Nuez de Aliste e escoitadas de veciñas como Anita Morán.

A actuación, de case dúas horas, concluía entre aplausos e co público en pé, tras unha copla interpretada por Celso Sanmartín (botando man da pandeireita), acompañado á percusión por Guti. Esta actuación de narración oral forma parte do programa de “De Perto_Espazos de Cultura”, promovido pola Concellería de Cultura no Barco. As actividades continuarán hoxe 15 de xullo ás 22:30h. co concerto de De Vacas, que terá asemade como escenario á beira do Sil.

Nesta galería de fotos pode verse unha imaxe dos contadores co técnico de Cultura do Barco e uns amigos antes da actuación e outras do espectáculo.
Fotos: Ángeles Rodríguez
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Back to top button