ConcellosÚltima hora

Tecidos solidarios en Verín

O Club da Calceta “Tecendo Soños” recada 500 euros para alimentación infantil
Membros do o Club da Calceta 'Tecendo Soños' da Escola de Familia Municipal de Verín./ Foto: Carlos Montero.
Membros do o Club da Calceta ‘Tecendo Soños’ da Escola de Familia Municipal de Verín./ Foto: Carlos Montero.

Coa finalidade de recadar fondos destinados a alimentación infantil, o Club da Calceta “Tecendo Soños” da Escola de Familia Municipal de Verín promovía, no marco da Feira do Lázaro da vila en marzo, unha iniciativa solidaria destinada á venda de artigos de calceta e bixutería, doados polas persoas que o integran.

Para poñer en marcha esta iniciativa, o Club da Calceta contaba cun stand no recinto feiral (instalado no pavillón) que foi atendido polas persoas integrantes do mesmo, que se encargaron non só de montar e colocar os produtos expostos, senón tamén de vendelos ao público asistente á Feira do Lázaro de Verín. O esforzo e dedicación, por parte destas voluntarias, permitía recadar un total de 500 euros que serán doados para adquirir produtos de alimentación infantil.

O Club da Calceta 'Tecendo Soños' iniciouse o 12 de decembro de 2013./ Foto: Carlos Montero.
O Club da Calceta ‘Tecendo Soños’ iniciouse o 12 de decembro de 2013./ Foto: Carlos Montero.

Desde o Concello de Verín agradecíase a “colaboración altruísta de todas as participantes do Club da Calceta durante esas dúas xornadas de atención ao público na feira, así como a todas as persoas que doaron os seus traballos persoais para esta iniciativa solidaria”.

Artigos relacionados

Back to top button