CulturaEducaciónÚltima hora

Técnicas de estudo para pais no IES Lauro Olmo do Barco

O programa desenvólvese os mércores de febreiro no centro barquense
Asistentes a unha das sesións de estudo no IES Lauro Olmo. /Foto: Mónica G. Bellver.
Asistentes a unha das sesións de estudo no IES Lauro Olmo. /Foto: Mónica G. Bellver.

Implicar ás familias na organización do estudo dos seus fillos, é o obxectivo que perseguen dende o instituto Lauro Olmo do Barco de Valdeorras, que en colaboración coa Asociación de Nais e Pais, está a desenvolver un programa de aprendizaxe e colaboración nas técnicas de estudo.

As sesións, ás que asiste unha trintena de pais, son impartidas polo orientador do centro José Fernández, os mércores de 19:30 a 20:30h. “Levamos tres e daremos unhas cinco máis ou menos” explica o propio orientador, engadindo que os asistentes son pais de alumnos de 1º da ESO “en total hai uns corenta así que a maioría están presentes, algo histórico” asegura.

O programa está sendo impartido polo orientador do centro, José Fernández. /Foto: Mónica G. Bellver.
O programa está sendo impartido polo orientador do centro, José Fernández. /Foto: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button