SanidadeÚltima hora

Técnicos en coidados de Enfermería e Farmacia danse cita no Marcos Valcárce, en Ourense

Mesa inaugural.

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolleu na mañá de hoxe, 6 de novembro, as X Xornadas Galegas para técnicos en coidados de enfermería e técnicos en farmacia. Unha cita que ten o obxectivo de contribuír á formación destes profesionais e incrementar a participación destes profesionais no equipo multidisciplinar, alén de ampliar os coñecementos e técnicas. Finalmente, outro dos obxectivos é o de motivar e facilitar a estes técnicos a súa implicación na docencia.

O acto inaugural arrancou coa actuación do Grupo Musical “Bieito Blanco” e a primeira mesa contou coa presenza da Administradora do Patronato da Fundación FAE, Isabel Galán; a secretaria autonómica do Sindicato de Auxiliares de Enfermería (SAE), María del Pilar López; o xerente da EOXI de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, Dionisio López; a directora de Procesos de Enfermería da EOXI ourensá, María José Menor e o director de Recursos Humanos da EOXI, Eduardo Gómez.

En total, foron 150 os asistentes que gozaron dos diferentes relatorios impartidos por profesionais do CHUO e doutros centros médicos. Entre os temas a tratar, estes estaban englobados en diversos campos como a psicoloxía, técnicas de exploración e diagnose, traballo en equipo, coidados do paciente, o futuro e o presente da profesión así como a historia da mesma e os avances en formación.

Ao acto acudiron 150 técnicos en coidados de Efermería e Farmacia.

 

Artigos relacionados

Back to top button