EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Tempo de castañas e cogomelos

Recollendo os primeiros bullotes da campaña en Vilariño de Conso

 

Tal como estaba previsto, na segunda semana de outubro comezaba a campaña de recollida de castañas. Aínda son poucas as que caen pero o calor destes últimos días fixo que os ourizos máis maduros foran abrindo e o seu froito, caendo.

Por iso non sorprende a estampa que se podía ver na mañá deste domingo 11 de outubro nas terras de Vilariño de Conso, recollendo as primeiras castañas que son sempre as máis apetecibles.

En pleno outono, os cogomelos son outro dos alimentos da terra que abrollan polos montes ourensáns. Así, en Vilariño houbo quen aproveitou a mañá para coller un balde de castañas e algún que outro Boletus.

 

Carlos Rodríguez Calvente con casañas e un Boletus.

 

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button
Close