En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Tendencia á baixa nos índices delictivos de Viana do Bolo

Os datos expoñíanse durante a Xunta de Local de Seguridade que se celebraba na mañá do 9 de febreiro neste municipio

A Xunta Local de Seguridade de Viana do Bolo reuníase na mañá do 9 de febreiro neste concello ourensán. A xuntanza estivo copresidida polo subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, e polo alcalde vianés, Secundino Fernández Fernández. Nela participaban membros dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado e da Policía Local, ademais de representantes provinciais de Protección Civil.

No decurso da reunión dábase conta dos informes en materia de seguridade cidadá deste municipio. As súas estatísticas amosan unha tendencia á baixa tanto no cómputo de faltas como de delitos en 2016. Tamén sofren un descenso importante as infraccións penais sen delitos contra a seguridade vial e as infraccións administrativas. A porcentaxe de esclarecemento está por riba do 90 por cento, segundo os datos achegados dende a Subdelegación do Goberno en Ourense.

“Aínda que os resultados amosados hoxe son positivos, debemos seguir traballando coordinadamente tódalas Forzas e Corpos de Seguridade para manter estes extraordinarios índices de delincuencia e si é posible, melloralos”, indicaba o subdelegado do Goberno, Roberto Castro.

Outras das cuestións abordadas era a das previsións de seguridade para a celebración do Entroido en Viana, onde está declaradado como festa de interese turístico galego. Neste aspecto vaise establecer un dispositivo de seguridade cidadá no que participan as diferentes Forzas e Corpos de Seguridade e a Policía Local.

Durante esta visita a Viana, o alcalde amosáballe ao subdelegado do Goberno as obras realizadas na Casa Consistorial que permitiron melloran a súa accesibilidade e illamento.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button