CulturaCulturaÚltima hora

Teo Cardalda pon ritmo á obra poética de Valle-Inclán, este venres no Centro Cultural Avenida da Rúa

O espectáculo "Claves líricas" comezará ás 20:30 horas

Teo Cardalda en “Claves Líricas”.

 

Neste ano 2021 Teo Cardalda sorprendía ao público cun proxecto ambicioso, documentadísimo, extravagante na mellor das súas acepcións e tamén inesperado: poñer ritmo á obra poética de Ramón del Valle-Inclán.

Despois de percorrer diferentes teatros e espazos culturais, o compositor vigués que fixo historia nos grupos musicais Golpes Bajos e Cómplices, chegará ao Centro Cultural Avenida da Rúa este venres 10 de decembro ás 20:30 horas para presentar o espectáculo Claves Líricas. Unha mestura de teatro e música, coa que Cardalda leva ao escenario nove poemas de Valle-Inclán. Os versos do dramaturgo viaxarán polo rock, o rap, a ópera pop, a balada ou o tecno punk, con novos textos compostos por Cardalda convidando á imaxinación.

O espectáculo está organizado pola Deputación de Ourense e o Concello da Rúa e as entradas son de balde pero é necesario retiralas no Concello antes das 14h. do 10 de decembro ou en taquilla ese mesmo día a partir das 19h.

 

Artigos relacionados

Back to top button