CulturaCulturaÚltima hora

Teo Palacios presenta a súa novela “La boca del diablo” na Biblioteca de Verín

O acto, no que estaba acompañado polo alcalde, tiña lugar na tarde deste 8 de febreiro
O alcalde de Verín, xunto ao escritor na presentación deste libro./ Foto: Biblioteca de Verín.

Baltasar de Zúñiga e Velasco, fillo do IV Conde de Monterrei, regresa ás costas españolas tras o desastre da Gran Armada e, pouco despois, embárcase nunha nova misión ao acompañar a dous inquisidores que deben investigar a desaparición de varias mozas nunha localidade de Toledo. Deste xeito comeza a novela histórica “La boca del diablo” (Edhasa 2018) de Teo Palacios, quen a presentaba na tarde do 8 de febreiro na Biblioteca do Concello de Verín, nun acto no que estaba acompañado polo alcalde, Gerardo Seoane.

Tratátase dunha novela histórica, pero está marcada polo misterio e mesmo roza o xénero de terror ao adentrarse nos mundos sobrenaturais e nas crenzas da época e a Santa Inquisición.

Teo Palacios: (Dos Hermanas, Sevilla, 1970), estudou Marketing e Deseño, pero atopou a súa vocación real na literatura. Esta é a cuarta novela que publica, tras “Hijos de Heracles” (Edhasa, 2010), “La predicción del astrólogo” (Ediciones B, 2013), “El trono de barro” (Edhasa, 2015) e “Muerte y Cenizas” (Edhasa, 2017).

 

Teo Palacios, durante a súa intervención./ Foto: Biblioteca de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close