En portadaSanidadeÚltima hora

Terceira dose da vacina contra o Covid para maiores de 70 anos en Galicia

 

Na reunión que a Comisión de Saúde Pública celebraba onte, 5 de outubro, acordábase administrar unha dose de reforzo da vacina contra o Covid−19 (do tipo ARNm)  aos maiores de 70 anos, que se lles podería comezar a inxectar a finais de outubro, tendo en conta que pasen xa seis meses dende que se lles puxese a anterior dose.

“Nun ámbito totalmente técnico, plantexouse iniciar xa a vacinación dos maiores de 60-65 anos, e os prazos. Dende logo Galicia aposta por vacinar con esa terceira dose, xa o demostrou, temos xa a todos os residentes das residencias sociosanitarias coa terceira dose posta, ademais que o fixemos nun tempo realmente curto en pouco e máis dunha semana e media, e hai que agradecer, aproveitando a ocasión o esforzo que fixeron todos os equipos de vacinación. Tamén vacinamos aos inmunodeprimidos”, aseguraba o conselleiro de Sanidade, Julio García, esta mañá en declaracións aos medios.

O conselleiro tamén explicaba o voto en contra de Galicia na citada reunión da comisión. “O noso plantexamento que era facer coincidir a terceira dose coa vacina da gripe. Queríamos ter tempo suficiente para acomodar a nosa estratexia de vacinación da gripe, que empeza estes días, con esta incorporación da terceira dose do Covid, e votamos que non nese sentido”, indicaba García Comesaña.

Ademais, o titular da Consellería de Sanidade adiantaba que “estamos traballando intensamente en acomodar esa vacinación coa campaña da gripe que temos lista para poñer en marcha, e que cremos que é un obxectivo ao que non podemos renunciar dentro das nosas posibilidades. Probablemente teñamos que limitalo ás poboacións de maior idade, que son as que cumpren seis meses desta segunda dose, e estamos traballando na acomodación das dúas campañas de forma que unha non afecte á outra, imos o coller o mellor das dúas estratexias. A data acordada é o 25 de outubro para empezar a vacinar os maiores de 70 anos, todos cunha vacina do tipo ARNm”.

Artigos relacionados

Back to top button