DeportesÚltima hora

Terceira e definitiva xornada da liga galega Abanca de categorías menores de inverno, no Barco

Celebrarase durante a mañá do sábado 30 de novembro nas pistas de atletismo de Calabagueiros

Imaxe dunha das xornadas xa celebradas da liga galega Abanca de categorías menores de inverno no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Será a cita decisiva de cara a escoller aos equipos de atletismo que pasarán á seguinte fase da VIII Liga Galega Abanca de categorías menores de inverno. Este sábado 29 de novembro celebrarase a terceira xornada desta competición autonómica no Barco.

O programa deportivo comezará as 11h. nas pistas de Calabagueiros coas probas de tripo salto Sub14 e co salto de altura Sub12. Despois darase paso ás competicións de lanzamento de peso, salto de lonxitude e de 1.000 m lisos en diferentes categorías.

A proba será organizada pola Delegación Valdeorresa de Federación Galega de Atletismo (FGA), contando co control do Comité Valdeorrés de Xuíces da FGA.

Artigos relacionados

Back to top button