CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Terceira fase de selección para a final de Children’s Chef na Escola de Hostalaría de Rosende

Participantes do Colexio Ferroviario no Concurso Children’s Chef da Escola de Hostalaría de Rosende./ Foto cedida.

Novo paso na fase final do concurso Children’s Chef 2018, unha iniciativa promovida pola Escola de Hostalería Belarmino Fernández Iglesias de Rosende (Sober) para elixir ao mellor cociñeiro xove da comarca. Este venres 13 de abril desenvolvíase a terceira fase de selección para esa final.

Participaba o alumnado de 4º da ESO do Colexio Ferroviario de Monforte de Lemos. Os estudantes elaboraron un ovo en flor con cocochas e angulas. Sara González será a encargada de representar a este centro na gran final.

Todos os participantes eron obsequiados cun lote de produtos de Conservas Chanquete e, ademais, a vencedora poderá gozar dun circuíto termal no Hotel Balneario Augassantas.

Artigos relacionados

Back to top button