ConcellosÚltima hora

Teresa celebra o seu centenario en Cernado (Manzaneda) neste Día da Nai

Estaba acompañada polo seu marido e polo seu fillo, o resto da familia non puido asistir pola actual situación de confinamento

Teresa, veciña de Cernado (Manzaneda) soprando as candeas da súa tarta de cumpreanos./ Foto cedida.

 

Neste domingo 3 de maio, Día da Nai, Teresa, veciña de Cernado (Manzaneda) vén de celebrar os seus cen anos acompañada polo seu marido Cándido, de 91 anos, e polo seu fillo Domingo. Na festa non faltaba a tradicional tarta de cumpreanos.

“Malia non poder celebralo co resto da nosa familia, este aniversario tan especial non podiamos deixar de festexalo a pesar do confinamiento no que nos encontramos”, conta o se fillo. Nas últimas semanas saomente a súa familia máis directa e Paz, a traballadora do Servizo de Axuda Domicilio (SAF) do Concello de Manzaneda, foron os seus únicos contactos.

“Pese ao confinamiento, ela continúa coas súas rutinas, pasando gran parte das xornadas na galería que temos en casa realizando dúas da súas paixóns, atender ás súas plantas e á lectura, a cal realiza sen necesidade de lentes. O que máis bota en falta son as visitas da familia e veciñas que, frecuentemente, tiña cuando pasaban xunto á súa casa para ir ás hortas”, explica o fillo Teresa.

Ademais destaca que a cabeza desta centenaria de Cernado “continúa cunha lucidez difícil de ver en xente desta idade, entende esta situación e lévaa con bastante normalidade”.

Artigos relacionados

Back to top button