EconomíaEconomíaÚltima hora

Termatalia arranca en FITUR a súa promoción europea da súa terceira edición en Latinoamérica

A cidade brasileira de Foz de Iguaçu será a encargada de acoller este salón de Turismo Termal entre os días 19 e 21 de setembro

Termatalia arranca en FITUR (Feria Internacional de Turismo), en Madrid, a promoción en Europa da súa terceira edición en América Latina. Concretamente en Foz do Iguaçu, Estado de Panamá (Brasil) entre o 19 e o 21 de setembro de 2018 baixo o lema “A enerxía das augas” e suporá novas oportunidades de negocio para as empresas de España e Galicia, así como dos demais países participantes. A elección de Brasil como sede está liderada polo Fondo Iguazú de Desenvolvemento e Promoción Turística e a Prefeitura de Foz do Iguaçu e conta co apoio das principais entidades públicas e privadas vencelladas ao turismo desta rexión e tamén neste país, para posicionala a nivel internacional, tamén como destino termal.

Na presentación da tarde de hoxe, 18 de xaneiro, a secretaria de Estado de Turismo, Matilde Asián, fixo referencia ao “bo momento que vive o turismo en Galicia” e indicou que Termatalia “é un proxecto estreitamente vencellado á calidade e á excelencia turística”. Pola súa parte, o presidente de Balnearios de España, Miguel Mirones, indicou que “esta feira é necesaria porque tamén representa aos empresarios do sector termal e axudounos a internacionalizarnos”.

Na presentación en FITUR tamén estivo presente o viceministro de Turismo do Brasil, Alberto Alves; a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; o presidente de ANBAL e do ICTE e de membros afiliados da OMT, Miguel Mirones; do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e do secretario de Turismo de Foz de Iguaçu, Gilmar Piolla. Dende Expourense resaltan que este ultimo foi un dos grandes valedores para que esta cidade convértase na sede de Termatalia.

Esta décimo oitava edición deste salón sobre o Termalismo, convocará a profesionais de máis de 25 países. Consolidando esa ponte termal entre Europa e América Latina, Termatalia dá un paso máis e amplía o seu radio de acción incorporando os mercados de Oriente Próximo e Asia Pacífico. Isto supón unha rede de 26 delegacións en 54 países de 4 continentes, o que contribúe a xerar novas oportunidades entre os axentes integrados na rede estratéxica de Termatalia, que está altamente especializada neste nicho de mercado.

A profesionalización do sector, tanto a nivel turístico como industrial e empresarial seguirá ocupando un lugar destacado na feira a través da Bolsa de Contratación Turística entre Operadores de turismo e Establecementos turísticos, Provedores de Bens de Equipo e potenciais importadores de diversos países, augas de bebida envasadas e distribuidores así como visitantes profesionais procedentes de entre 20 e 30 países.

Artigos relacionados

Back to top button