EconomíaEconomíaÚltima hora

Termatalia e ARTA&TUR premiarán o mellor “spot” de turismo saudable

O concurso remata o seu prazo de inscrpción o vindeiro 8 de setembro e as pezas seleccionadas proxectaranse durante a feira en Expourense
O concurso faise grazas a un convenio entre Expourense e o festival ART&TUR

O Festival Internacional de Cine Art&TUR e Termatalia únense para premiar aos mellores traballos audiovisuais relacionados co turismo de saúde. Esta novidade da Feira Internacional de Turismo Termal , Saúde e Benestar, que se celebrará en Expourense os días 21 e 22 de setembro, premiará dende os “spots” publicitarios ( de ata 1 minuto) a vídeos promocionais ( de ata 15 minutos) que verse sobre algunha das tres categorías: Destinos ( países, rexións, cidades ou municipios); Tratamentos e Terapias e, por último, Servizos e infraestruturas ( promocións de hoteis, spas, termas talasos etc. )

O prazo de presentación dos traballos á competición remata o próximo venres, 8 de setembro. As pezas seleccionadas serán proxectados durante a celebración da Feira en Expourense. Neste concurso poden participar os expositores de Termatalia e tamén aqueles que teñan película promocional sobre a temática do Turismo de Saúde e Termalismo, o sector privado, institucións gobernamentais, televisións, produtoras independentes, canles de televisión etc.

Todos os traballos que se presenten, rezan as bases, deberán ter sido producidos despois do 1 de xaneiro de 2015. O xurado estará composto por expertos do mundo do cinema, turismo, saúde e benestar elixidos por ART&TUR e Termatalia, e avaliará as películas e determinará os premios que serán entregados durante a celebración da feira.

Entre os premios que se outorgarán, está a oportunidade de coñecer as novas tendencias do cinema do audiovisual turístico; a creación de novas relacións comerciais, a través dunha rede mundial, e a opción de establecer accións de “networking” con outros profesionais do sector, así como a conexión con novos clientes e novos socios de negocio.

 

Artigos relacionados

Back to top button