En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Termatalia converte a Ourense na capital internacional do termalismo

A XIX Feira de Turismo Termal, Saúde e Benestar inaugurábase no mediodía do 19 de setembro

 

Un total de 269 expositores, 26 touroperadores e 34 países representados, con masiva presencia de América Latina e de Europa incorporando tamén a Norte de África e Asia-Pacífico, e presencia de 67 disertantes. Son os datos da 19ª edición de Termatalia, a Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar que se celebra hoxe e mañá en Expourense.

Durante toda esta semana fóronse celebrando actividades paralelas como o Congreso Internacional de Termalismo 2021-2027; o III Simposio Internacional sobre Termalismo e Calidade de Vida; así como varias rutas termais transfronteirizas para que os profesionais participantes teñan a oportunidade de coñecer in situ centros termais punteiros e singulares. Pero non era ata esta mañá cando abría as portas oficialmente. E facíao cun acto de inauguración que contou entre outros coa presenza do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do presidente do Parlamento Miguel Santalices que era o encargado de pechar o acto; do secretario xeral de Política Lingüística Valentín García; e da directora xeral de Comercio Sol Vázquez en representación da Xunta, para quen “este encontro, que alcanza xa a súa décimo novena edición, converte Ourense na capital internacional do termalismo, consolidándose ano a ano como unha cita ineludible para o sector, un punto de encontro para todos os profesionais e un referente para a xeración de negocio”.

 

Expositor da Eurocidade Chaves-Verín en Termatalia.

 

Na súa intervención Sol Vázquez sinalou que Galicia “quere seguir sendo un referente no termalismo de calidade”, engadindo que “axudará a conseguir este obxectivo o proxecto de Lei de aproveitamento lúdico de augas termais, en trámite parlamentario e elaborado xunto co sector”. O titular do Lexislativo galego pola súa banda, insistiu no “enorme potencial terapéutico do termalismo” e animou a traballar para lograr a súa inclusión co catálogo de prestacións do Sistema Nacional de Saúde, dado que ofrece propiedades estudadas desde o punto de vista científico, insistindo nas “enormes posibilidades de negocio que o termalismo ofrece para Galicia, e que se incrementan progresivamente coa mellora das comunicacións”.

Representado pola Prefeitura de Foz do Iguaçu, Brasil participa como país invitado nesta edición na que están representados países procedentes de Europa, América, África e Asia que expoñen os seus produtos en preto de 270 expositores. Desde a captación do recurso do auga ata a comercialización do destino turístico, pasando polo deseño, construción e xestión de centros termais. Proveedores, balnearios e outros centros de benestar, turoperadores, organismos de promoción turística, augas envasadas, vilas termais, dermoestética, asociacionismo ou formación, serán os sectores que se encontrarán os profesionais e público en xeral que se achegue ata Expourense. Tamén haberá demostracións de cociña, entre outras moitas actividades.

 

Na feira tamén hai mostras de piscinas e hidromasaxes.

 

O horario de feria é de 10 a 19 horas de forma ininterrumpida hoxe, xoves 19 e mañá, venres 20 de setembro e toda a información está disponible en www.termatalia.com e nas súas redes sociais.

Fotos. Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button