CulturaCultura

Terra Máxica abre o programa da segunda edición este domingo na Rúa

O Mago Paco actuará no Centro Cultural Avenida o 2 de abril ás seis da tarde
O Mago Paco actúa este domingo na Rúa.

O Centro Cultural Avenida da Rúa acolle este domingo ás seis da tarde a primeira función desta edición de Terra Máxica, a do Mago Paco con Ledicias. Será unha das catro sesións que acollerá o centro rues dentro do programa de maxia deste ano que se estenderá ata o 30 de abril en diversos escenarios de cinco concellos da provincia de Ourense: Allariz, A Rúa, Baños de Molgas, Barbadás, e Verín cos espectáculos de cinco artistas: Fran Rei, o Mago Teto, Dani García, o Mago Xacobe e o Mago Paco.

Tamén no CCA da Rúa actuará o Mago Teto o día 9, coa súa charla “A incrible historia da maxia” ás 12 horas e os 25 anos de Tolemaxias ás seis da tarde. E o Mago Dani García o domingo 23 ás seis, dálle unha Volta á maxia. Ese mesmo domingo, Dani García ofrece unha función social na Rúa, na residencia da terceira idade Os Pinos, ás catro da tarde. O deste mago será tamén o espectáculo en Baños de Molgas, na Estación, o venres 14 ás seis.

Pola súa banda, a Casa da Cultura de Allariz programará tamén os domingos ás seis da tarde, sendo o primeiro o día 9, co espectáculo O conto de Barriga Verde, de Fran Rei, (tamén terá lugar unha función social deste espectáculo o martes 18 ás cinco no Fogar do Maior). O domingo 23 será a quenda do Mago Teto, con 25 anos de Tolemaxias, e esa mesma mañá ofrecerá no mesmo espazo a charla “A incrible historia da maxia”. Xa o domingo 30 tocaralle ao Mago Xacobe, con Ilusións máxicas.

 

 

Na Casa da Cultura Manuel María de Barbadás, Terra Máxica terá función os venres ás 19 horas, e arrinca co conto de Barriga Verde de Fran Rei o venres 7 (a función social deste espectáculo será o xoves 20 ás cinco, no local da asociación Fonval). O venres 21, o Mago Teto ofrece ás 12.30 horas a charla “A incrible historia da maxia” e ás 19 horas o espectáculo Xuntanza Máxica, maxia a catro mans co Mago Mimo Anyo. Por último, o venres 28 ás 19 horas, o Mago Xacobe pon en escena Ilusións máxicas.

No Concello de Verín, o espazo escollido será o Auditorio Municipal, e os días de función, os sábados ás sete: o día 8 arrinca con Fran Rei e O conto de Barriga Verde, que o 23 volverá a Verín para unha función social no Asilo das Hermanitas dos Ancianos Desamparados ás 16.30, o 22 coa charla do Mago Teto “A incrible historia da maxia” (na Casa da Cultura e non no Salón), e ás 19 horas, o espectáculo 25 anos de Tolemaxias, do mesmo mago, e xa o sábado 29 actuará o Mago Xacobe con Ilusións máxicas.

Artigos relacionados

Back to top button