CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Tesouros, xigantes e lugares incribles poboan as historias ganadoras do “II Cóntame un contiño” de Trives

Os premios deste concurso, convocado polo Concello de Pobra de Trives, veñen de entregarse a primeiros de xuño

Ata 24 traballos presentábanse á segunda edición do concurso de contos curtos “Cóntoma un contiño”, promovido dende o Concello da Pobra de Trives dentro do programa das Letras Galegas 2019. A finais de maio o xurado emitía o seu fallo e escollía aos catro contos ganadores nesta edición:

– Na categoría de 6 a 9 anos: “Os sitios increibles” – Deva Posada Domínguez- Na categoría de 10 a 12 anos: “O xigante e a dama da neve” – Nicolás Sierra Rioz
– Na categoría de 13 a 17 anos: “Os tesouros de Sarela” – Alexandra Sierra Rioz
– Na categoría de 18 anos en adiante: “Lembrando antes de esquecer” – Begoña García Fernández

O acto de entrega dos galardóns tiña lugar na tarde do 3 de xuño no Concello nun acto no que participaba a concelleira de Cultura de Trives en funcións, Isabel González Fandiño.

Dende o Concello agradecíase a participación a todos aqueles que presentaron un conto “por apoiar e pór en valor a nosa lingua con este tipo de accións”, felicitábase aos ganadores e agradecíase a colaboración dos membros do xurado.

Fotos: Concello da Pobra de Trives.

Os contos ganadores:

 

Artigos relacionados

Back to top button