Galerías de fotosÚltima hora

“Ti tamén chegarás a vello”, unha actividade interxeracional na Biblioteca de Verín

Esta é quinta edición desta iniciativa, que incluía manualidades e contacontos

Nenos e nenas, xunto cos seus avós e outros familiares reuníanse na tarde do 5 de outubro na Biblioteca Municipal de Verín para compartir unha proposta moi especial de manualidades que levaba por título “Ti tamén chegarás a vello”. Ademais escoitaban contos relatados polos voluntarios da biblioteca.

Había ademais unha actividade de maiores dirixida por Noemí Vazquez, psicóloga dos Servizos Sociais do Concello de Verín, na que participaba tamén a concelleira de Cultura de Verín, Emilia Somoza.

Esta iniciativa foi coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 9 e 17 anos, polo persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín (Aurora Prieto Tarrio e Vicente R. Justo) e pola Área de maiores dos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Verín.

Fotos: Biblioteca Municipal de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button