DeportesÚltima hora

I Tirada ao Prato en Vilariño de Conso

A actividade desenvolverase na fin de semana do 6 e 7 de agosto na Estrada Vilariño-A Gudiña
Cartaz da Tirada ao Prato Vilariño de Conso.
Cartaz da Tirada ao Prato Vilariño de Conso.

Dende o Concello de Vilariño de Conso seguen programando actividades para o mes de agosto. Desta volta trátase da I Tirada ao Prato que se desnvolverá esta fin de semana (6 e 7 de agosto) na Estrada Vilariño-A Gudiña á altura de Sabuguido.

O sábado de 17 a 21:30 horas terá lugar o primeiro adestramento. O domingo de 11 a 14 horas haberá un segundo adestramento e, xa a partires das 17 horas terá lugar a tirada.

A entrega de premios terá lugar ao rematar (en torno ás 21 horas): trofeo para os seis primeiros clasificados e un xamón para o gañador. Tamén haberá premios para os tiradores locais: trofeos ata o quinto clasificado e outro xamón para o gañador.

Artigos relacionados

Back to top button