OurenseÚltima hora

Tiruleque abre a XII Mostra de Teatro Amador Terras do Orcellón no Carballiño

O festival contará coa participación de seis compañías de teatro afeccionado

Unha escena da obra de Tiruleque.

 

Mañá, sábado 5 de outubro, comezará a XII Mostra de Teatro Amador Terras do Orcellón no Carballiño coa obra A farsa de Maitre Pathelin a cargo de Tiruleque Grupo de Teatro, como inicio fiel a un outubro teatral que ocupará todas as fins de semana do Auditorio Manuel María.

Con esta peza do século XV, que o grupo carballiñés estreou hai quince días no Auditorio Gustavo Freire de Lugo, Tiruleque leva a escena a vella loita entre ricos e pobres, a do burlador burlado, e que a necesidade agudiza o enxeño. A peza inicial de ao redor de 1457, conta con cinco personaxes no orixinal, pero foi adaptada para Tiruleque co engadido de catro personaxes máis cun texto singular.

A representación, que se reporá o domingo día 6, ten un prezo de 5 €. As entradas estarán á disposición do público a partir das sete da tarde -de calquera dos dous días- no despacho de billetes do Auditorio.

O festival contará coa participación doutras cinco compañías. O 12 de outubro será a quenda da agrupación Sangue de Dragón (Narón, A Coruña) coa obra Algo pasa con Paco. O 19 de outubro actuará Namarella (Verín) coa obra W.C. (O baño). O 20 de outubro tocaralle a La Barata Producións (Santiago de Compostela) coa obra Solo de Triángulo. O 26 de outubro estará a Agrupación Teatral Mariñán (Betanzos, A Coruña) coa obra Insania. E, como remate, actuará Porta Aberta (Vigo) coa obra Estraños Hábitos.

As entrada para estas representacións custarán 3 euros.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close