CulturaCulturaEspecial Cristo 2016Última hora

Tiruleque, Sokram e Mou nas Festas do Cristo do Barco

As actuacións terán lugar o sábado 10 de setembro no marco da Verbena Galega
O grupo Tiruleque en concerto.
O grupo Tiruleque en concerto.

Unha revisión e actualización do concepto de verbena, cunha proposta centrada, por un lado, na música de baile tradicional e, por outro lado, na música de baile máis moderna e mestiza (ritmos latinos, pachanga, cumbia, reggae, bravú…). Iso é A Verbena Galega, unha iniciativa musical que, da man de Culturactiva, chegará ata O Barco de Valdeorras na noite do sábado 10 de setembro, no marco das Festas do Cristo.

A festa comezará no campo da festa ás 21 horas co grupo tradicional Tiruleque, nacido no 2002 das inquedanzas musicais de cinco rapaces. Bebendo nas fontes da tradición musical galega pero tendo tamén presentes outras moitas influencias, elaboran o seu propio son, identificable en temas tradicionais e tamén nas composicións propias.

Xa de madrugada, tocaralle a quenda a Sokram, Premio Martín Códax da música na categoría de hip hop e músicas urbanas 2016. Vocalista, muralista e artista visual formado no colectivo ordense Dios Ke Te Crew, no 2015 editou o seu primeiro LP en solitario “Chuvia Ácida”.

O broche musical da xornada poráo o picadiscos Mou que tamén vén de Dios Ke Te Crew, e traballa tanto no campo do son coma no do graffiti e deseño gráfico.

Artigos relacionados

Back to top button