CulturaCulturaÚltima hora

Títulos “terroríficos” para celebrar o Samaín, na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán do Barco

 

Mañá, domingo 24 de outubro é o Día das Bibliotecas; e o 31 de outubro celébrase o Samaín. Dúas datas que na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán do Barco conmemoran de forma conxunta cunha ampla oferta de libros, contos e incluso filmes.

Especialmente adicada ao Samaín está a sección de terror, cunha boa cantidade de títulos tanto infantís como para adultos, bandas deseñadas e novelas para elixir. A oferta inclúe tamén unha selección de filmes, con títulos tan coñecidos como El Silencio de los Corderos ou Déjame Salir e tamén clásicos.

 

Novidades na Biblioteca do Barco.

 

E xa entre as últimas novidades, practicamente recén saídas da imprenta, a bibllioteca presenta obras de temática moi variada como Diferente de Eloy Moreno, Astillas en la Piel de César Pérez Gellida ou Trans de Selena Milán.

 

Artigos relacionados

Back to top button