ConcellosTrivesÚltima horaViana do Bolo

Toda Galicia pasará a nivel medio baixo de restricións, agás Monforte, que estará no medio

Así o vén de acordar o Comité Clínico na súa reunión desta tarde

Publicidade
Vista de Monforte de Lemos./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Comité Clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada polo Covid-19, vén de acordar, na súa xuntanza desta tarde, que Galicia quede no nivel medio baixo de restricións, agás o concello de Monforte de Lemos, que estará no nivel medio.

Isto implicará que os concellos de Trives e Viana do Bolo, que ata agora estaban en nivel alto, pasarán a nivel medio baixo.

Estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 18 de setembro.

Artigos relacionados

Back to top button