EconomíaEconomíaEn portadaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

Todo listo en Vilamartín para a I Festa da Vendima de Valdeorras

O pregón, a cargo de Antonio Castro Voces, será ás 14h. e a continuación celebrarase o xantar popular no pavillón

 

Dende as 12 deste sábado 5 de setembro, Vilamartín acolle a I Festa da Vendima de Valdeorras, cun completo programa que se desenvolverá no entorno do Bañadoiro (dentro e fóra do pavillón de deportes).

Nesta galería de imaxes podemos ver os preparativos dalgunha das actividades, case descoñecidas polos máis novos, que se levarán a cabo como a pisa de uvas, a enxerta tradicional ou o transporte tradicional de uvas en carros de bois. O encargado desta última é Mario Nogueira e os seus bois. Ademaia, na zona instaláronse postos de artesanía, gastronomía e lembranzas, ao ritmo da charanga Louband.

O pregón, a cargo do historiador valdeorrés Antonio Castro Voces, está previsto para as 14h. e de seguido terá lugar o xantar popular. no interior do pavillón.

 

Antía Nogueira co xatiño Pendón.

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button