DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Todo un espectáculo de goles en Calabagueiros

O C.D. Barco golea ao C.D. Castro no partido correspondente á 8ª xornada de liga en 3ª división

Pouco se pode dicir sobre o resultado do encontro C.D. Barco-C.D. Castro disputado no campo de fútbol de Calabagueiros. Un encontro no que se marcaban oito goles, sete deles por parte do conxunto local, unha goleada que marca un fito no historial deportivo do club.

Xa na primeira parte do partido, disputado na tarde do 9 de outubro, quedaba clara a intención do conxunto vermello, con dous goles de Ballesteros e un de Rubén García ao transformar unha pena máxima. Tantos aos que se sumaban os de David Álvarez en tres ocasións e o de Javi Recamán de penalti, xa no minuro 85.

Os visitantes tamén marcaron un gol para demostrar que estaban no campo, pero este é sen dúbida un dos partidos que tanto equipo, como directiva e afección (xente de todas as idades sempre ao pé do canón) barquense lembrarán durante moito tempo. Un resultado que sitúa ao equipo sénior do Centro de Deportes Barco no posto 12º da terceira división, con tres derrotas, tres vitorias e dous empates.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button