Monográfico Moda 2011Monográficos

Todo un símbolo de identidade

Roberto Verino segue apostando por emocionar e seducir ao público

Roberto Verino ten “moitos proxectos en mente [unha colección para xente máis xove, para infantil, para téxtil fogar] pero necesito o partner adecuado”
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

E mentres ese momento non chega, o veterano modisto natural de Verín (Ourense) segue apostando pola calidade das prendas, para facer que a muller e o home se sintan únicos, convencido de que “vestirse cada día de forma especial e diferenciada é unha posibilidade de ser felices”.

Antes de dar a coñecer as súas propostas na pasarela madrileña explicounos as liñas das súa colección.

¿Cal é a súa prenda favorita da colección? ¿Que destaca?
Resulta difícil que lle preste máis atención a unha prenda que a outra, se ben é certo que sinto debilidade polos “trench” que son pezas para min fetiches e que están moi presentes na proposta, coa intención de demostrar que o funcional non quita o glamouroso. Hai pezas que teñen moito que ver coa artesanía, os tecidos máis comúns levados a un modelo moi feminino coa incorporación dos bordados de Manila.

Os tecidos máis glamourosos da produción china tradicional que adornamos con peles de zorro. Hai outros casos onde se vei o tecido de seda con ouro nunha versión moito máis rica. E todo unido aos pequenos detalles: pendentes, colares, cintos, que lle dan ese toque de sofisticación e teñen posibilidade de ser reutilizados, axudando a que dalgún xeito as prendas sexan únicas. O mesmo ocorre cos bolsos, os zapatos…
Texto: Mónica G. Bellver/Madrid Foto: Carlos G. Hervella

(Máis información na edición en papel do Especial Moda Verán 2011 de O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button