En portadaÚltima hora

Tokio inaugura uns Xogos nos que Lucas Mondelo loitará de novo polas medallas

O técnico de orixe valdeorresa estará á fronte da selección feminina de baloncesto

 

Nova cita olímpica para o seleccionador de orixe valdeorresa Lucas Mondelo. Non será a primeira, xa que nas Olimpíadas de Río, xa colleitaba a medalla de prata coa selección feminina de baloncesto, pero suporá novamente unha competición ilusionante na que de novo España buscará loitar polos metais.

Lucas Mondelo e o seu corpo técnico han definían hai un par de semanas o plantel de 12 xogadoras que representarán a España en Tokio 2020. As xogadoras que formarán o equipo son Silvia Domínguez, Cris Ouviña, Laia Palau, Maite Cazorla, Queralt Casas, Leo Rodríguez, María Conde, Alba Torrens, a ourensá Raquel Carrera, Laura Gil, Tamara Abalde e Astou Ndour.

“As xogadoras transmítenme moita enerxía e a pesar das baixas e as dificultades, seguimos crecendo día a día. Iremos a Tokio con ilusión. Teño esperanza no equipo”, indicaba Mondelo días antes de iniciar a vaixe a Tokio.

España, prata olímpica en Río 2016, disputou dous partidos amigables de preparación ante Francia cun balance de 1/1: gañou o primeiro, celebrado en Málaga (72-61) e perdido o de París (80-75).

Este venres 23 de xullo tiña ugar a ansiada inauguración de Tokio 2020. O 26 de xullo a Selección Feminina debutará no Saitama Super Area fronte a Corea do Sur (03:00 da madrugada do domingo 25 ao luns 26).

A ese encontro seguiralle a contenda ante Serbia o 29 de xullo ás 10:20 horas. A fase de grupos pecharase o domingo 1 de agosto co Canadá-España (03:00 da madrugada do sábado 31 ao domingo 1).

Artigos relacionados

Back to top button