OurenseÚltima hora

Toma de posesión do secretario xeral de Emigración e dos delegados territoriais da Xunta

 

O 21 de setembro tiña lugar o acto de toma de posesión do secretario xeral dos cinco novos delegados territoriais da Xunta, no que o presidente do goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, aseguraba que “todos chegan despois de ter experiencia, non chegan a aprender” e, polo tanto, “van dar cumprida resposta aos problemas concretados en cada ámbito territorial”.

Deste xeito, o presidente da Xunta deu a benvida a Gabriel Alén, “moi bo coñecedor da provincia de Ourense”, que como alcalde de Cenlle, na comarca do Ribeiro, “coñece ben que para colleitar a uva é necesario coidar a terra, as cepas, vendimalas e ter sorte”. A Javier Arias, do que destacou o seu traballo como xefe territorial da Consellería de Infraestruturas en Lugo e polo tanto “coñece ben a comunicación e a vertebración da provincia”. Xunto a eles estaban Marta Fernández-Tapias, delegada en Vigo; Gonzalo Trenor, delegado na Coruña e Luisa Piñeiro, delegada en Pontevedra.

Ademais, o titular da Xunta dixo que serán “os teléfonos de atención ao cidadán” da Administración autonómica en todo o territorio galego e incidiu en que “terán relación coas deputacións, coas alcaldesas e os alcaldes, pero sobre todo cos cidadáns”.

Ao longo do acto, Feijóo referiuse tamén ao “sexto delegado territorial”, o ourensán Antonio Rodríguez Miranda, que tomou novamente posesión do seu cargo como secretario xeral da Emigración, que repite mandato “non só porque o Goberno o considerara así, senón porque todos os centros e asociacións galegas no exterior así o trasladaron”. “É un coñecedor da emigración e unha persoa querida na emigración”, salientou.

Por último, o titular da Xunta tivo unhas palabras de recoñecemento para o traballo dos delegados saíntes, aos que agradeceu o seu labor ao longo destes anos.

Artigos relacionados

Back to top button
Close