ConcellosÚltima horaVídeos

Toma posesión o novo bispo de Astorga, monseñor Jesús Fernández

Nesta mañá de 18 de xullo producíase o acto oficial cun paseo e unha eucaristía

O novo bispo de Astorga, monseñor Jesús Fernández tomaba posesión nesta mañá de 18 de xullo. Así, comezaba cun paseo dende o seminario de Astorga ata a catedral, acompañado do nuncio, monseñor Bernardito Auza e do administrador diocesano, José Luis Castro.

 

 

A continuación do paseo, ás 11:00 horas, terá lugar unha eucaristía na Catedral de Astorga. Unha vez no interior do templo, o deán ofreceralle o Lignum Crucis para que o bique, e logo daralle o aspersorio, con auga bendita, co cal o bispo electo asperxerase a si mesmo e aos presentes.

Despois de ler as Letras Apostólicas de nombramento de novo bispo, monseñor Jesús Fernández sentarase na cátedra con mitra e o nuncio entregaralle o báculo que o nombra oficialmente bispo.

 

 

A esta celebración asistiron numerosas autoridades e bispos de distintos lugares como o Cardeal-Arzobispo de Madrid, monseñor Carlos Osoro; o Cardeal-Arzobispo de Valladolid, monseñor Ricardo Blázquez; o Arzobispo de Santiago de Compostela, monseñor Julián Barro; o Arzobispo Castrense, monseñor Juan del Río ou o Arzobispo emérito de Tánger, monseñor Santiago Agrelo Martínez.

 

 

Pola súa banda, da provincia eclesiástica de Santiago estiveron presentes os bispos de Ourense, monseñor Leonardo Lemos; de Lugo, monseñor Alfonso Carrasco; de Mondoñedo-Ferrol, Luis Angel de las Heras; e o de Tui-Vigo, monseñor Luis Quinteiro.

 

 

Vídeos: Víctor Santos.

Máis información e fotos:
https://www.osil.info/monsenor-jesus-fernandez-xa-e-o-novo-bispo-de-astorga/
https://www.osil.info/toma-posesion-o-novo-bispo-de-astorga-monsenor-jesus-fernandez/

Artigos relacionados

Back to top button
Close