OurenseÚltima hora

Tomás Calvo, ecovixiante do mes no colexio Divina Pastora de Ourense

 

Entre as moitas anécdotas que balizan a longa traxectoria Ecovixiantes de Franciscanas, destaca a que tiña lugar na pasada semana cando Tomás Calvo García recibía o diploma de Ecovixiante do mes, “de patas de Baloo, o can ecoloxista e terapéutico da aula da Natureza”, contan dende o colexio.  En Tomás destaca a súa sinxeleza e sabedoría polo coidado do medioambiente “sabe de enerxía, de árbores, de plantas, de todo”, asegura o profesor Lalo Sánchez.

El mesmo conta que a semana foi coma sempre moi completa en canto a actividades. Ademais de clasificar as pilas recollidas dentro da III edición da liga escolar de recollida de pilas usadas, Pilabot, e dos envases lixeiros recolleitos no Colexio Divina Pastora dentro do Programa Recíclache con Sogama, recibiron a charla preventiva de ‘Clases sen Fume’, da man de Pilar Trabazo; e presentaron bonitos traballos da 41ª edición de Que é un Rey para ti, ademais dos relatos da coidado da auga, Viaqua, que chega xa á súa VIII edición.

 

 

Luís Amigo, da aula dela Natureza de Oira, encargouse dunha amena charla e taller de reciclaxe e no horto escolar montaron un compostador, do programa Recíclate con Sogama, que deixaron alí, onde levarán os restos da comida do comedor escolar do colexio.

Limparon durante o traxecto, agradecidos a Ecourense, sempre presente nas actuacións ambientais co material de protección; e cos seus chalecos amarelos, xa clásicos do programa Stars España de Movilidad sotenible e segura. Tapóns e cómics da profesora Cristina Bravo sobre o Día da Muller e a Nena na Ciencia; e por último, o CAFI convidou ao profesor a para expoñer e impulsar o modelo Ecovixiante ao claustro de Ciencias do IES Antonio Fraguas en Santiago de Compostela.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button