Hoxe foi un día moi especial na residencia Gabino García do Concello de Manzaneda, xa que un dos residentes, Tomás Macía Fernández celebrou o seu 101 aniversario.
Nesta ocasión, a diferenza do ano pasado, a situación sanitaria permitiulle recibir a visita da súa familia, estando acompañado pola súa filla Mérita, que pudo vir de Francia tras levantarse o confinamento, e polo seu sobriño Antonio que reside en Barcelona.
Na xornada deste xoves 20 de maio, Tomás recibiu tamén os parabéns do alcalde de Manzaneda, Amable Fernández, así como dos residentes e persoal do centro, recibindo un pequeno agasallo. Cun perfecto estado de saúde e moi boa memoria, este veciño de Mazaneda poderá desfrutar deste día tan especial. Parabéns!